Dende 1997 cada 24 de outubro celébrase o Día das Bibliotecas, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
O lema deste ano é “Bibliotecas, sempre ao teu carón” e tenta destacar o importante
papel que xogan as bibliotecas ofrecendo acceso á cultura, ao coñecemento e ao
entretemento en calquera lugar e circunstancia.
Dende a nosa biblioteca
tentamos manternos ao voso carón e seguir ofertándovos os nosos servizos en
circunstancias tan complexas como as que estamos a vivir.
Despois dos retos propostos con motivo do Día das Escritoras, hoxe puxemos en marcha as mochilas viaxeiras en todos os cursos. Este ano, debida á situación pola que estamos a pasar, reducimos a súa estadía nos vosos fogares a 5 días, en lugar de 7 habituais, pero esperamos que sigades gozando dos materiais ofertados e dunha experiencia tan fermosa como a que nos proporcionan o mundo dos libros e da lectura en familia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario