Anualmente, cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller en memoria das irmás Mirabal.
O 25 de novembro de 1960
cometíase na República Dominicana o asasinato das tres irmás Mirabal por opoñerse á política do ditador Rafael
Leónidas Trujillo. Patria, Minerva e
María Teresa foron encarceradas, violadas e torturadas en repetidas
ocasións antes de rematar coa súa vida.
Por desgraza na
actualidade, e en todo o mundo, a violencia de xénero continúa viva. Moitas
mulleres seguen sen ter dereito a ser libres e iguais aos homes e un gran
número delas pagan con golpes, malos tratos psicolóxicos e mesmo coa súa vida o
feito de vivir nun mundo machista.
Dende a escola traballamos
esta semana, e todos os días do ano, para que as nenas e nenos de hoxe se
conciencien disto e logren crear un futuro mellor, un mundo máis xusto e sen
violencia, no que as mulleres e homes sexamos iguais.
Na biblioteca fixemos unha
pequena escolla de libros para traballar a
temática da igualdade e a non violencia tanto nas aulas como dende a
casa.
E a continuación deixámosvos un vídeo creado por Fanpage.it que xa ten uns aniños, pero que nos parece moi educativo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario