venres, 29 de outubro de 2021
mércores, 27 de outubro de 2021
martes, 26 de outubro de 2021
TEMPO DE DEFUNTOS, TEMPO DE SAMAÍN
O Samaín é unha festividade de orixe celta que representaba o final da época de colleitas e o inicio da “estación escura”.
Para
os celtas o “Samhain”
significaba o comezo do seu Ano Novo, pero esa noite de lúa chea tamén se
abrían as portas do outro mundo. As ánimas dos mortos atravesaban a porta que
separa ambos mundos e visitaban as casas das súas familias para quecerse e
tomar algo de alimento.
Os
druídas acendían fogueiras en diferentes puntos do poboado para escorrentar os
malos espíritos e guiar os defuntos no seu camiño. A xente cubríase con peles
de animais para despistar aos fantasmas (de aí o costume de disfrazarse) e collían as caveiras dos inimigos mortos na
batalla para colocalas alumeando nos muros dos castros como forma de espantar
os malos espíritos. Tamén conta a tradición que deixaban comida na porta das
casas para manter contentas as ánimas e os druídas ían na noite de Samhain de
casa en casa pedindo comida para honrar os seus deuses.
Na
actualidade seguimos mantendo dalgunha maneira parte desas tradicións
ancestrais e durante toda esta semana decoraremos os corredores da escola coas
vosas aterradoras cabazas e calacús.
Como
contribución a esta celebración, desde a Biblioteca queremos proporvos tamén
algunhas lecturas terroríficas.
No
panel de exposicións atoparedes libros con historias espantosas, terribles e
arrepiantes coas que poder pasar unha aterradora (ou divertida) noite de
Samaín.
luns, 25 de outubro de 2021
domingo, 24 de outubro de 2021
24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS
Na Biblioteca do
Padín Truiteiro queremos dar cumprimento ao lema deste ano, “Bibliotecas:
ler, aprender, descubrir” con diversas actividades:
·
Poñendo en marcha as nosas mochilas viaxeiras. Este mércores
iniciarán o seu periplo anual por todas as casas.
·
Como entramos na semana do Samaín, exporemos ao longo de toda a semana
unha variada selección de libros de medo para que teñades onde escoller
e os poidades levar a casa.
·
O venres haberá sesión de contacontos. O alumnado de 6ºA fará
unhas contadas para os máis cativos.
Esperamos que
gocedes de todas estas actividades lendo, aprendendo e descubrindo.
martes, 19 de outubro de 2021
O RENACER DO CASTELO
Iniciamos
un novo curso e continuamos indagando na historia do noso concello
O noso proxecto de centro
para este ano académico 2021-2022 leva por título O Renacer do Castelo e ao
longo do seu desenvolvemento tentaremos profundar no coñecemento da historia
local de Soutomaior e das ilustres persoas que habitaron e engrandeceron aínda
máis o noso magnífico castelo.
Tras os escuros séculos de
abandono despois do matricidio perpetrado polo neto de Pedro Madruga, unha nova
época de esplendor comeza na segunda metade do século XIX da man do VIII
Marqués de la Vega de Armijo.
Ao longo dos distintos
trimestres iremos dando conta dos traballos de investigación e descubrimentos do
noso alumnado.
luns, 18 de outubro de 2021
18 DE OUTUBRO, DÍA DAS ESCRITORAS
Hoxe celebramos en todas as bibliotecas o Día das Escritoras. Con esta iniciativa preténdese darlle visibilidade tanto ás autoras de hoxe en día como a todas esas outras mulleres que en moitas ocasións foron silenciadas ou minusvaloradas a respecto dos homes da súa época.
Por sorte parece que a sociedade actual empeza a recoñecer a aportación das mulleres ao mundo da cultura e a importancia da súa escrita. A través do reto que vos propuxemos queriamos poñerlles nome a moitas das nosas autoras galegas e isto foi o que nos enviaron algunhas familias.
Moitas grazas a todas e todos os que participastes e... a seguir gozando da lectura!
MARTINA PIRES DE 4ºB:
Recomenda o libro "O ANIVERSARIO DE ANA" da escritora CONCHA BLANCO.
Tamén recomenda o libro "A CEBRA CAMILA" da escritora MARISA NÚÑEZ que é un libro moi divertido para os máis pequenos.
IAGO GOBERNA DE 5ºB:
Recomendacións:
Pai: "PLAN DE RESCATE", ANTÍA YAÑEZ.
Avó: "ÁS DE BOLBORETA". ROSA ANEIROS.
Iago: "CHOIVA DE RAS", ÁNXELA LOUREIRO.
NOA ALONSO DE 6ºC:
Estas son as miñas recomendacións:
Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Miña nai: "OS PAZOS DE ULLOA" de EMILIA PARDO BAZÁN.
Meu irmán: "DARÍO A DIARIO" de XELA ARIAS.
CLARA VEIGA DE 6ºC:
Recomendacións:
Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Miña nai: "NENA E O MAR" de ÉRICA ESMORÍS.
Meu irmán: "UNHA ESTRELA NO VERTO" de LEDICIA COSTAS.
ROI LOURENZO DE 6ºC:
Recomendacións:
Miña: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Miña nai: "CLUB DA CALCETA" de MARÍA REIMONDEZ.
Miña irmá: "MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST" de IRIA MISA.
IRIA GARRIDO DE 6ºC:
Recomenda:
"MAMÁ QUERO SER ZIGGY STARDUST" de IRIA MISA.
"JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA" de LEDICIA COSTAS.
"ICÍA QUERE CAMBIAR O MUNDO" de FINA CASALDERREY.
ANTÓN BAQUEIRO DE 6ºC:
Recomendacións:
Miña: "O MEU PESADELO FAVORITO" de MARIA SOLAR.
Miña nai: "INFAMIA" de LEDICIA COSTAS.
Meu padriño: "O MISTERIO DAS FILLAS DA LÚA" de FINA CASALDERREY.
IAGO FREIRE DE 6ºC:
Recomendacións:
Miña: "ANAGNORISE" de MARÍA VICTORIA MORENO" e "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Miña nai: "O CLUBE DA CALCETA" de MARÍA REIMÓNDEZ.
Miña curmá: "PUERTO ESCONDIDO" de MARÍA ORUÑA.
CARLOTA DE 6ºC:
Recomenda:
"FOLLAS NOVAS" - ROSALÍA DE CASTRO.
"LOS PAZOS DE ULLOA" - EMILIA PARDO BAZÁN.
"NON TE AMOLA" - XELA ARIAS.
LIDIA LEIRO DE 6ºC:
Recomenda:
ROSALÍA DE CASTRO "CANTARES GALLEGOS" e "EN LAS ORILLAS DEL SAR.
XELA ARIAS "NON TE AMOLA".
NICOLÁS FERNÁNDEZ DE 6ºC:
Recomendacións:
Miña: "PLAN DE RESCATE", autora: ANTÍA YAÑEZ.
"EL MISTERIO DEL PARQUE DE LAS ÁNIMAS", autora: ARRATE EGAÑA.
Miña nai: "MI ISLA" autora: ELISABET BENABENT.
"LO QUE LA MAREA ESCONDE", autora: MARÍA ORDUÑA.
Miña tía: "PALMERAS EN LA NIEVE", autora: LUZ GABÁS.
"AMOS Y MAZMORRAS", autora: LENA VALENTI.
BRAIS FREIRE DE 5ºA INFANTIL:
Recomendacións:
Meu irmán: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Miña nai: "O CLUBE DA CALCETA" de MARÍA REIMÓNDEZ.
Miña curmá: "PUERTO ESCONDIDO" de MARÍA ORUÑA.
UXÍA BLANCO DE 5ºB:
Recomendacións:
Avó: ROSALIA DE CASTRO. "LEMBRANZAS"
Avoa: EMILIA PARDO BAZÁN. "LA MADRE NATURALEZA"
Nai : ROSALÍA DE CASTRO. "FOLLAS NOVAS"
Pai: CASTELAO. "RETRINCOS"
Irmán: LEDICIA COSTAS. "VAMPIRA DE BIBLIOTECA"
JOSE OTERO DE 6ºC:
Rcomenda:
Para infantil: "ASÚSTATE MERCHE" de FINA CASALDERREY.
Para prinaria: "VAMPIRA DE BIBLIOTECA" de LEDICIA COSTAS.
Para adultos: "22 SEGUNDOS" de EVA MEJUTO.
CLAUDIA MÍGUEZ DE 5ºB:
Recomenda a escritora LEDICIA COSTAS cos títulos: "UNHA ESTRELA NO VENTO" (para infantil) e "INFAMIA" (para adultos)
Tamén recomenda "CHOIVA DE RAS" de ÁNGELA LOUREIRO (para primaria)
ALDARA LEIRO DE 3ºB:
Recomendo a LEDICIA COSTAS por libros como "A SEÑORITA BUBBLE"
A miña nai recomenda a MARÍA REI VILAS polo libro "FLORES DE FERRO" (para nenos/as da ESO, Bacharelato, FP ou quen lle interesa a guerra civil española)
A miña avoa recomenda a EMILIA PARDO BAZÁN polo libro entre outros "OS PAZOS DE ULLOA" reflexa unha época galega do século XIX.
SARA IGLESIAS DE 6ºB:
Vouvos recomendar un libro de XELA ARIAS chamado "DARÍO A DIARIO"
A miña nai vaivos recomendar un libro de MARÍA VICTORIA MORENO chamado "SEMENTEIRA DE FUTURO"
E para rematar a miña irmá vaivos recomendar o libro de MARÍA CANOSA chamado "O DÍA QUE CHOVEU DO REVÉS"
DANIELA LORENZO DE 4ºA DE INFANTIL:
MARÍA VICTORIA MORENO: "ANAGNÓRISE" (Foi profe do pai Sergio)
FINA CASALDERREY: "O MISTERIO DOS FILLOS DE LÚA" (Mamá María) "ASÚSTATE MERCHE" (Tía Moni) "QUEN ME QUERE ADOPTAR" (Primo Jose)
ROSALÍA DE CASTRO: "CANTARES GALLEGOS" (Avos maternos, Chus e Marisé)
ANXO MOURE: "O CARBALLO CON BOTAS" (Prima Noa)
MARÍA CANOSA: "RUBICUNDO" (Primo Jose)
CLOE DURÁN DE 6ºB:
A miña escritora galega favorita é ROSALÍA DE CASTRO co seu libro "FOLLAS NOVAS"
Eu son Rocío, a nai de Cloe, e a miña escritora galega favorita é EMILIA PARDO BAZÁN co seu libro "INSOLACIÓN"
Eu son avoa de Cloe e a miña escritora galega favorita é CONCEPCIÓN ARENAL co seu libro "EL VISITADOR DEL PRESO"
HUGO DE 4ºB:
Recomenda o libro de MARGARITA DEL MAZO que se chama "CARABUÑAS"
Á nai un libo que lle gusta moito é a obra de EMILIA PARDO BAZÁN "LOS PAZOS DE ULLOA"
A os avós gústalles a obra de ROSALÍA DE CASTRO, pero sobre todo "CANTARES GALLEGOS"
LUJÁN CRESPO DE 5ºB:
Á miña nai gústanlle os libros de MARÍA VICTORIA MORENO.
Ao meu irmán gústanlle os libros de LORENA CONDE.
E a min gústanme os libros de XIANA TEIMAY.
ÍA GARCÍA DE 2ºA:
ROSALÍA DE CASTRO con "CANTARES GALLEGOS"
MARÍA VICTORIA MORENO con "MAR ADIANTE"
ANDREIA COSTAS con "CORAZÓN DE VACA E OUTRAS VÍSCERAS"
ÉRIC PIÑEIRO DE 5ºB:
Teño varias escritoras e títulos xa que temos moitos libros en galego porque nos gusta moito a nosa lingua e temos que defendela.
A miña bisavoa recomendoume "FOLLAS NOVAS" de ROSALÍA DE CASTRO e "PIONEIRAS: GALEGAS QUE ABRIRON CAMIÑO" de ANAIR RODRÍGUEZ.
A miña tía recoméndame "MARUXA" de EVA MARÍA MEJUTO RIAL e tamén "UNHA FÁBRICA DE BICOS" de MARÍA CANOSA.
O meu pai recomendoume "TRISTES ARMAS" de MARÍA MAYORAL
O meu irmán recomendoume "OS NENOS DA VARIOLA" de MARÍA SOLAR.
A miña nai recomendoume "JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA" de LEDICIA COSTAS e tamén "ICÍA QUERE CAMBIAR O MUNDO " de FINA CASALDERREY.
E eu recomendo "CHOIVA DE RAS" de ÁNGELA LOUREIRO e tamén "MAMÁ TI SI QUE ME ENTENDES" de TERESA MOURE.
mércores, 13 de outubro de 2021
DÍA DAS ESCRITORAS 2021
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca
Nacional de España desde o ano 2016. Con
ela búscase reivindicar o labor e o
legado das escritoras a través da historia.
Como en edicións
anteriores, a data elixida é o luns lectivo máis cercano á festividade de
Teresa de Jesús (15 de outubro), polo que este ano 2021 celébrase o 18 de outubro.
O lema escollido
para esta VI edición foi "Ler
as idades da vida" e
inspirándonos nel queremos propoñervos o primeiro reto deste curso.
Sen quitarlle importancia a ningunha escritora, no idioma que sexa,
dende a Biblioteca Escolar parécenos imprescindible que se visibilice a obra das escritoras galegas. Por iso, o reto que vos lanzamos é que vós e as distintas xeracións da vosa
familia (nais, pais, avoas, avós irmáns menores ou maiores,...) nos recomendedes
cadanseu libro dalgunha escritora galega
de calquera época. Como mínimo deben aparecer tres xeracións diferentes, co fin de
representar “As idades da vida”, e tres títulos ou escritoras.
Podedes mandarnos as
vosas propostas por escrito ou,
preferiblemente, gravar un breve vídeo coas vosas recomendacións.
Coma sempre, recibiremos os vosos envíos no correo da biblio,
biblioteca.manuelpadintruiteiro@gmail.com,
indicando no asunto RETO BIBLIOTECA. Non esquezades incluír o voso nome e
curso.
Colgaremos no blog da
biblioteca as propostas recibidas ata o luns, día 18.
Animádevos a participar!
martes, 12 de outubro de 2021
sábado, 9 de outubro de 2021
venres, 8 de outubro de 2021
xoves, 7 de outubro de 2021
mércores, 6 de outubro de 2021
BENVIDA AO NOVO CURSO!
Un ano máis a biblioteca
está case lista para recibirvos a todas e todos e comezar as súas actividades.
De momento, e ao igual que
o curso pasado, continuaremos co protocolo COVID, a organización de horarios
por aula e a limitación de aforos, pero se a situación continúa mellorando, este
ano tentaremos ampliar a oferta de actividades.
Neste momento xa están funcionado
a maioría das bibliotecas de aula e en poucos días, neste mes de outubro, poremos
en marcha as mochilas viaxeiras e abriremos as portas da Biblioteca principal.
Esperamos vervos a tod@s!