venres, 4 de marzo de 2022

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Un ano máis, dende a Biblioteca queremos contribuír a  reivindicar o papel das mulleres na sociedade.

Foron e seguen a ser moitas as que merecen un recoñecemento polos seus logros ou a súa loita continua e deberían ter un lugar destacado na nosa historia.

Se queredes indagar e saber máis sobre moitas destas mulleres, tendes á vosa disposición no taboleiro de recomendacións da Biblioteca unha ampla selección de libros moi interesantes.

Animámosvos a vir, ollar e levar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario