Hoxe Leticia Barreiro, unha mamá do noso cole e profesora de Tecnoloxía, estivo na biblioteca escolar para ofrecer unha charla informativa ao alumnado de 4º de Primaria sobre os pros e as contras das Novas Tecnoloxías.
Na súa exposición falounos do acceso a Internet, dos perigos da rede, as tecnoadicións, os xogos on-line...
e tratou coas rapazas e rapaces de 4º a grave problemática dun tema que
preocupa moito como é o ciberacoso.
Resultou unha charla moi interesante e formativa para todas e todos.
A actividade encádrase dentro de programa de Lectura e Familias, coa que buscamos a implicación da comunidade educativa no proceso formativo do noso alumnado.
Dende o Equipo de Biblioteca agradecemos a Leticia o seu tempo e compromiso coa nosa escola.
Deixámosvos
a continuación a súa presentación, que nos parece de interese tanto para o
alumnado como para as familias.
Ningún comentario:
Publicar un comentario