Un ano
máis contamos coa inestimable colaboración de Paula Rodiño, doutora en Ciencias
Biolóxicas e profesional do CSIC na Misión Biolóxica de Galicia, para poñer
punto ás actividades realizadas con motivo do mes da ciencia en galego.
Nesta ocasión foi o
alumnado de 3º de Primaria o que asistiu á súa interesantísima charla sobre algunhas
das grandes mulleres que deixaron unha importante contribución científica ao
longo da historia.
A súa presentación serviu
para facernos reflexionar sobre o feito de que moitas veces se tratou de
ocultar o relevante papel destas mulleres no progreso da humanidade co fin de
minimizar así o seu legado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario