Esta mañá Leticia Barreiro, nai de Teo e Alejo e que xa ten colaborado coa nosa biblioteca noutras ocasións, conversou co alumnado de 3º e 6º de primaria para falarlles de ciencia e tecnoloxía.
Profesora
de tecnoloxía nun IES de Pontevedra, explicoulles ás rapazas e rapaces en que
consiste a súa profesión e amosoulles algúns proxectos de ciencia e diversos traballos de robótica e
tecnoloxía realizados co seu propio alumnado.
Foi unha charla informativa moi interesante, práctica e visual, coa que esperamos que moitas e moitos das nosas alumnas e alumnos se animen a inclinarse pola ciencia como unha opción de futuro.
Moitas grazas, Leticia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario