O
alumnado de 6º de primaria celebrou o Día do Libro da mellor maneira posible:
recibindo a visita de Ledicia Costas, unha das autoras máis recoñecidas e
traducidas da literatura galega.
Ledicia é
moi estimada no noso cole e xa case unha habitual da nosa biblioteca.
Este ano as
rapazas e rapaces de 6º leron a súa obra O neno de Lume, Premio Merlín
de Literatura 2021, un libro que nos adentra nun novo universo imaxinativo da
nosa querida autora e sobre o que conversaron con ela antes da xa tradicional
sinatura de exemplares.
Ningún comentario:
Publicar un comentario