Despois de ter adiado a
actividade en dúas ocasións por motivos alleos á nosa vontade, por fin esta
mañá o alumnado de 5º visitou a Biblioteca Luis Seoane na xa habitual
colaboración entre a entidade municipal e a nosa biblioteca escolar.
Coma sempre, fomos recibidos con
esa alegría e vitalidade tan propias de Mar e a amabilidade do resto das traballadoras
da biblioteca pública, facendo que sempre sexa un gusto participar nas
actividades propostas.
Tras afondar no coñecemento das
instalacións e xogar cos títulos e os argumentos que hai detrás das portadas
dun libro, a rapazada divertiuse moito participando nunha actividade de
boockface.
Grazas a todo isto, seguramente
esta mañá aumentou o número de socios da biblioteca municipal.
Moitas grazas a Patri pola súa proposta e a boa acollida!

Ningún comentario:
Publicar un comentario