O 3 de decembro conmemoramos o
Día Internacional das Persoas con Discapacidade ou Diversidade Funcional.
Desde a biblioteca queremos reafirmar
o compromiso da nosa escola coa defensa dunha educación pública e inclusiva,
baseada nun modelo social diverso, que rexeita plenamente calquera tipo de
discriminación, segregación ou exclusión.
Por iso, estes días Cora fixo
unha pequena selección de lecturas para que todas e todos poidamos reflexionar
sobre o tema.
Pasade pola biblioteca e collede
o que queirades.

Ningún comentario:
Publicar un comentario