Como remate á lectura de A señorita Bublle. Deus salve as raíñas, o alumnado de 5º puxo fin a este primeiro trimestre no club de lectura coa degustación dun “té con pastas” ao modo dos ingleses.
Despois de comentar os últimos
capítulos do libro, entre todos os participantes montaron un quebracabezas
colaborativo e remataron a sesión tomando o “té”/zume con pastas.
Foi unha boa maneira de pórlle un
broche final ao trimestre.
Xa vos iremos informando de cal é
a seguinte lectura escollida.
A ver se gusta tanto coma esta!


Ningún comentario:
Publicar un comentario