Esta
mañá visitounos de novo Claudia, a mamá de Amelia Luchón, para dar unha charla
ao alumnado de 3º sobre alimentación e
hábitos saudables.
Trala
información, as nenas e nenos fixeron unha actividade moi interesante por
equipos, que consistiu en clasificar alimentos para obter o gran prato saudable
da nosa dieta.
Foi
unha charla moi amena e desde a Biblioteca agradecemos a colaboración de
Claudia na educación da nosa rapazada.

Ningún comentario:
Publicar un comentario