O pasado 19 de outubro conmemoramos o Día das Escritoras, iniciativa organizada entre a Biblioteca Nacional de España, a Federación Española de Mulleres Directivas e Executivas Profesionais e Empresarias, e a Asociación Clásicas e Modernas. Dende os seus inicios busca reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia.
Dende a nosa biblioteca partiu a iniciativa de investigar a unha escritora, e como o noso proxecto de centro versa sobre o universo, sería fantástico se descubrisemos escritoras que adicaron as súas obras a esta materia.
As aulas recibiron a iniciativa con entusiasmo e traballaron duro para alcanzar o resultado que vos amosamos a continuación.


Ningún comentario:
Publicar un comentario