xoves, 19 de novembro de 2026

Experimento do fluido non newtoniano da man de Verónica

Na mañá de onte o alumnado de 5º de Educación Infantil recibiu cos brazos abertos a Verónica, a mamá de Alma, que viu a agasallalos cun EXPERIMENTO!!!

Como sabedes é o mes da ciencia en galego e na nosa biblioteca está habendo moita actividade. Nesta ocasión Verónica fíxolles unha demostración de como funciona o fluído non newtoniano. Trátase de fluídos que teñen unha viscosidade variable, que lles permite amoldarse a calquera tipo de presión, polo que o seu comportamento é bastante impredecible, poden comportarse como sólidos ou como líquidos.

                            





 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Nas seguintes fotografías podedes comprobar o ben que lles saiu e o ben que o pasaron. Obxectivo conseguido!!!! Xa só nos queda AGRADECER esta colaboración, porque sempre é divertido ter visita no colo, pero se quen nos visita é a familia o día é aínda máis emocionante!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario