xoves, 27 de febreiro de 2025
mércores, 26 de febreiro de 2025
martes, 25 de febreiro de 2025
luns, 24 de febreiro de 2025
XA ANDAMOS DE ENTROIDO!
Andamos de entroido e no taboleiro de recomendacións da biblioteca tendes á vosa
disposición algunhas suxestións con lecturas, manualidades ou para aprender
máis sobre esta tradición tan nosa.
Esperamos que vos gusten!
venres, 21 de febreiro de 2025
martes, 18 de febreiro de 2025
23 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA
"Cantar t´ei Galicia,
Na lengua gallega,
Consolo dos mares,
Alivio das penas"
Rosalía de Castro
Esta mañá Cora puxo á vosa disposición no taboleiro de suxestións da Biblioteca as obras de e sobre Rosalía para poder ler, reflexionar, aprender e traballar nas aulas.
venres, 14 de febreiro de 2025
UNHA SESIÓN DE ASTRONOMÍA
Para rematar esta semana da Muller e a Nena na Ciencia, hoxe o alumnado de 5º e 6º de infantil recibiu a visita de Loli, a nai de Aritz, que veu contarnos un montón de cousas sobre astronomía.
Loli é membro da Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra, unha organización sen ánimo de lucro que, dende 1999, pretende divulgar o coñecemento da astronomía entre a poboación de calquera idade.
Esta mañá Loli falounos das mulleres astrónomas e, dun xeito moi visual e atractivo, atrapou o interese das cativas e cativos, que non deixaron de facerlle preguntas do máis interesante.
Ao remate da sesión, deixounos de agasallo un par de libros para a biblioteca escritos, como non podía ser doutro xeito, por dúas mulleres: El Universo, de Nanda Rea, e Canto Cosmos, de Estíbaliz Espinosa.
Seguiremos
contando contigo. Mil grazas, Loli!
mércores, 12 de febreiro de 2025
APRENDEMOS MÁIS SOBRE VIRUS E BACTERIAS
Hoxe Claudia, a mamá de Amelia Luchón, de 2º B, visitou a nosa biblioteca para explicarlle ao alumnado de 2º a diferenza entre virus e bacterias, os cinco medios polos que se contraen os virus e as formas de evitalos para non enfermar.
Para
rematar, as nenas e nenos puideron comprobar algunha das explicacións cun
pequeno experimento para ver como o xabón elimina microorganismos e serve para evitar a transmisión dos virus.
Foi
unha charla moi interesante e desde a Biblioteca agradecemos a colaboración de
Claudia na educación da nosa rapazada.
MULLERES ARQUITECTAS
Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, dende a biblioteca convidamos algunhas nais do noso alumnado a participar na promoción da actividade científica como profesión de futuro tamén para as mulleres.
Esta mañá estivo con nós María, a nai de Alicia, Manu e Raúl, para realizar un obradoiro de construción co alumnado de 1º de primaria. Ela é arquitecta técnica e ensinounos distintos aspectos do seu oficio e a súa importancia, sen esquecer o valor do traballo e a necesidade de obter un salario ao remate do mesmo.
As nenas e nenos de 1º fixérono tan ben que recibiron o seu soldo en forma de chocolatina.
Moitas
grazas pola túa colaboración, María!
martes, 11 de febreiro de 2025
venres, 31 de xaneiro de 2025
ENTREGA DE PREMIOS
Esta mañá fixemos entrega
dos premios aos mellores retos de Nadal.
As agraciadas foron as
seguintes alumnas e alumnos.
Na categoría de poesía:
- Teo Acuña, de 6ºB de infantil.
- Amelia Luchón, de 2ºB de primaria.
- Isak El Ouahidi, de 3ºA de primaria.
- Salomé Zoe Luchón, de 4ºB de primaria.
- Ía García, de 5ºA de primaria.
- Paula Gómez, de 6ºA de primaria
No apartado de banda
deseñada:
- Daniela da Silva, de 6ºB de infantil.
- Xandre Reinaldo, de 1ºB de primaria.
- Aixa Couceiro, de 2ºA de primaria.
- Noelia Suárez, de 3ºA de primaria.
- Yago Varela, de 6ºA de primaria.
Parabéns aos afortunados e
moitas grazas a todas e todos os que vos animastes a participar na iniciativa!
luns, 27 de xaneiro de 2025
30 DE XANEIRO, DÍA DA PAZ
Próximos ao 30 de xaneiro, Día Escolar da Non Violencia e a Paz, Cora empezou a seleccionar algúns libros para conmemorar esta data que pretende pór en valor cuestións tan importantes como a amizade, a tolerancia, o respecto ou a solidariedade.
Téndelos á vosa disposición no panel de exposicións da biblioteca.
venres, 24 de xaneiro de 2025
SCAPE BOOK NO CLUB DE LECTURA
Despois de ler un clásico da nosa literatura como xa o é O misterio das badaladas, de Xabier P. Docampo, este venres os membros do club de lectura de 6º participaron nun scape book na biblioteca central.
Seguindo todas as pistas, conseguiron resolver os enigmas propostos e chegar á solución final, pero acadar a esperada recompensa custoulles un chisco máis.
Finalmente lograron atopar o código secreto que abría o cofre do tesouro e gozar do seu merecido premio.
Espero que o pasarades moi ben co xogo!
mércores, 15 de xaneiro de 2025
NOVAS BOLSAS VIAXEIRAS
As novas bolsas viaxeiras de Cora están chegando xa ás casas de infantil e primaria.
Van cheas de ilusión e esperamos que vos gusten e as gocedes en familia.
Coma sempre, agardamos que nos axudedes a valoralas e melloralas cubrindo o caderno viaxeiro coas vosas impresións, suxestións, críticas, debuxos, fotos,...








.jpg)








