Xa sabedes que Carvalho
Calero defendía que o galego e o portugués son a mesma lingua. Esta postura
chámase reintegracionismo e o que promove é a defensa dunha ortografía e
morfoloxía converxente coa norma empregada en países como Portugal ou Brasil,
pero tamén noutros moitos lugares do mundo.
Dende o CEIP Apóstolo
Santiago, de Santiago de Compostela, Rocío Candales ofrécenos este recurso,
cunha información moi clara e interesante sobre Carvalho Calero e o
reintegracionismo.
Preme na imaxe para comezar
E se queredes saber como
se le o galego reintegrado, aquí vos deixamos este vídeo de Eduardo Maragoto,
Presidente da Associaçom Galega da Língua, que volo explica moi ben.
Ningún comentario:
Publicar un comentario