Xa estamos na Semana das Letras Galegas. Dende a Biblioteca queremos poñer ao voso alcance unha serie de materiais a través dos que poderedes coñecer mellor o autor homenaxeado e a súa obra.
A Coordenadora de Equipas
de Normalización Lingüística de Ferrolterra comparte con todos nós o seu
proxecto As Pitas Baixo a Choiva. Co
permiso de Edicións Embora,
ofrécennos un material composto de contos, música e actividades diversas.
Preme na imaxe e poderás acceder ao conto,
á canción e ás demais actividades.
E como entendemos que a
mellor maneira de aprender sempre é facelo de xeito lúdico, propoñémosvos dous
xogos de Escape Room, un pensado para Educación Infantil e outro para Primaria.
Para xogar deberedes
seguir as pistas, contestar ou resolver correctamente os misterios propostos e
anotar o número que vos dan cada vez que acertades. Ao final, con ese código
secreto, descubriredes a solución ao enigma.
Da autoría de kyara8
ofrecémosvos este Escape Room
axeitado para Educación Infantil.
E Alba Carril, do CPI de
Vedra, e Ana Santos, do CEIP de Carril, elaboraron este outro moi apropiado para Primaria.
Por último, non queremos esquecer a música e aquí vos deixamos
un Preguntoiro Musical proporcionado
por José Manuel López Cabana.
Desexamos que vos divirtades
e aprendades moito con todos eles.
Ningún comentario:
Publicar un comentario