Dende o CPR San Pío X de
Ourense chéganos este xogo, creado polo mestre David Rial, co que comprobar
canto sabemos de Don Ricardo Carvalho Calero. O RiDardo simula unha partida de dardos con 10 tiradas. En cada unha
delas aparecerá unha pregunta con tres opcións de resposta. Saberedes cal é a
correcta?
Animádevos a xogar e a ver
cantos puntos logrades acadar!
E dende a Biblioteca Municipal Luís Seoane de
Soutomaior tamén queren convidarvos a participar nun xogo creado por eles sobre
as Letras Galegas e a figura de Carvalho Calero. Se premedes na imaxe
atoparedes as instrucións do xogo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario