Esta mañá Ana Couñago, a
mamá de Emma de 1º B, visitou a nosa biblioteca para contarnos un fermoso e
emotivo conto de Silvia Melero Abascal co que repensar a morte para vivir a
vida.
Despois de ter pasado por
unha dura vivencia persoal, Ana tróuxonos esta historia como unha proposta para
abordar a perda dun ser querido dende a creatividade e a música.
Ao rematar o conto, as
nenas e nenos visualizaron o documental “Desinstrumentalizados.
La magia de los instrumentos insólitos”, co que descubriron que se pode
facer música case con calquera cousa; só ten que caer nas mans adecuadas para
converterse nun instrumento e crear maxia musical.
Dende a Biblioteca queremos agradecerlle a Ana o seu tempo e a súa colaboración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario