Hoxe celebramos as últimas conferencias deste curso sobre o desenvolvemento infantil.
Dona Beatriz Pérez, a nosa mestra de AL, falounos e aclarou moitos conceptos sobre diversos “Trastornos do neurodesenvolvemento” como o TEA, TEL, trastornos da aprendizaxe.... con recomendacións útiles e prácticas para seguir no fogar.Despois dona Gema Domínguez, psicóloga do centro Alea, ofreceunos unha charla moi interesante sobre a “Xestión de conflitos en familia e a linguaxe positiva”. Experta en disciplina positiva, aportou moitas ideas para lograr a confianza das nosas fillas e fillos e poder educar sen castigos.
As aportacións das dúas especialistas foron tan interesantes que o tempo quedou curto ante as intervencións e preguntas das familias participantes.Tentaremos continuar con este tipo de actividade para o próximo curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario