Esta mañá o alumnado do
club de lectura de 6º mantivo un encontro virtual co escritor Xavier Estévez.
Despois de ler o seu libro
Avións
de papel, xurdiron tantas dúbidas e especulacións co final da obra
que as rapazas e rapaces do club decidiron ler a segunda parte, Os
camiños do vento, co fin de desvelar algúns misterios. Pero como
non o lograron totalmente, acordamos solicitar un encontro co autor para que
nos aclarase algúns aspectos.
Xavier Estévez prestouse amablemente a atendernos e contestou a todas as preguntas dos nosos curiosos lectores.
O autor deulles permiso
para crear os seus propios finais alternativos e díxolles que lle encantaría recibilos
e lelos.
Animou ao alumnado a
seguir lendo e escribindo para medrar como persoas e desexoulles un fermoso
inicio da súa próxima etapa escolar no instituto.
Agradecemos a Xavier Estévez a súa amabilidade e boa disposición. Foi un verdadeiro pracer falar con el!
Ningún comentario:
Publicar un comentario