Esta mañá recibimos na biblioteca a visita de Claudia Bedoya, de profesión doutora e nai de Zoe, de 3º B.
Falounos de virus e bacterias e da importancia da vacinación. Tamén fixo reflexionar as nenas e nenos sobre a necesidade do lavado de mans e dunha boa hixiene xeral.
De xeito práctico, ensinoulles ás nenas e nenos de 3º algunhas técnicas que poden axudar a salvar vidas. Aprenderon a alertar ao 112 en caso de emerxencia, a realizar unha reanimación cardiopulmonar (RCP), a pór en posición lateral de seguridade a unha persoa inconsciente ou como atender un atragoamento imprevisto.
Tamén trouxo un fonendoscopio profesional co que as nenas e nenos puideron escoitar o latexo dos seus propios corazóns.
Foi unha
xornada moi formativa e interesante e dende a Biblioteca queremos agradecer a
Claudia a súa colaboración desinteresada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario