Esta mañá gozamos dunha sesión de teatro de monicreques para todos os niveis da man de Tanxarina, a compañía de teatro redondelá con máis de 35 anos de experiencia en facer rir ao público infantil.
A historia, contada por dous vellos traballadores dun circo
case desaparecido, transportounos a un mundo de malabaristas, forzudos,
equilibristas, faquires, ... nun xogo de interactuación co público, no que o
alumnado se sentiu partícipe en todo momento.
Ao rematar a
representación, os membros de Tanxarina asinaron o exemplar de Titiricircus
que temos na biblioteca e deixáronnos unha unidade didáctica para
seguir afondando na historia.
A actividade levouse a cabo grazas á colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Biblioteca Escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario