O alumnado de 1º de
Primaria ten todas as semanas unha sesión de robótica con Bee bots na
Biblioteca Central.
Grazas a estes robots
educativos, as nenas e nenos reforzan contidos da aula, aumentan e melloran o vocabulario
en galego e, ao mesmo tempo, traballan a orientación espacial.
A encargada de impartir a
actividade, ao igual que fixo o curso pasado, é a mestra Olalla.
As sesións realízanse con
grupos reducidos, alternando os equipos de cada aula semanalmente, e a cativada
pásao xenial.
Ningún comentario:
Publicar un comentario