Este ano, o alumnado de 5º leu o
libro gañador do Premio Merlín 2024, Milú e o edificio das persoas
extraordinarias, de Abel Tomé.
Abel Tomé é unha persoa
polifacética que, despois de cursar un ciclo formativo e traballar como
soldador, decidiu estudar xornalismo e realizar un mestrado en Dereitos Humanos
Esta mañá, no encontro co autor, as rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de
profundar máis na temática da marxinalidade, a pobreza, a xustiza social, a
cooperación ou a solidariedade entre as persoas, temas fundamentais na
formación integral e ética do alumnado.
Foi unha conversa moi interesante e produtiva, que rematou coa sinatura dos exemplares do libro estudado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario