Esta mañá recibimos na nosa biblioteca a autora Sabela Fernández Trelles.
Tras
ler os seus libros Augusta e os seus medos (en 1º) e Que queres ser de maior, pequena?
(en 2º), a escritora visitou o noso cole
para ter un encontro coa rapazada do 1º ciclo.
De xeito
amable e divertido conversou, cantou e incluso se prestou a participar nunha pequena entrevista que lle tiñan preparada as nenas
e nenos de 2ºA.
A súa
visita rematou coa sinatura dos exemplares do alumnado.
Foi un pracer recibila e conversar con ela.
Ningún comentario:
Publicar un comentario