Xa moi pretiño do día das nosas letras,
do 17 de maio, ao longo desta mañá o alumnado de 5º veunos presentar a figura
de Begoña Caamaño, falándonos da súa obra e da súa faceta máis persoal.
Organizado en quendas, o alumnado
dos cursos máis baixos, de infantil a 4º de primaria, foi pasando pola biblioteca
para saber máis sobre a muller que é homenaxeada este ano no Día das Letras
Galegas.
O alumnado de 5º fixo un traballo
de investigación e exposición moi serio e rigoroso e incluso prepararon
actividades lúdicas para os máis pequenos. Estivo xenial!
Moitos parabéns!



Ningún comentario:
Publicar un comentario