Despois de ler o seu libro A chave da Atlántida, o alumnado
de 6º de primaria recibiu hoxe o autor e ilustrador Anxo Fariña.
O escritor, licenciado en Belas
Artes, conversou coa rapazada sobre o libro, como xurdiu a idea, o traballo creativo e faloulles dos
seus proxectos actuais en inglés.
Para rematar, fíxolles unha
demostración das súas dotes como ilustrador, coa habitual mestría e axilidade
que o caracterizan, e finalizou o encontro asinando os exemplares do alumnado.


Ningún comentario:
Publicar un comentario