xoves, 19 de novembro de 2026

O alumando de 1º Visita a Biblioteca Municipal

Desta vez foi o turno da rapazada de 1º quen hoxe tivo a sorte de visitar a Biblioteca Municipal Luis Seoane. Alí agardaban, Patricia e o seu equipo, e a Silvia, a Concelleira de Cultura, que agardaban con sorpresas para o noso alumnado. 

  
Mar, foi a encargada da animación, guiándonos polos rincóns da biblio e facéndonos rir cunha selección de lecturas pensada para a ocasión.


 
 
 
Ao finalizar a visita, a rapazada recibiu un libro de agasallo, acompañado do seu marcapáxinas e a correspondente solicitude de carné de Lector e Lectora, co que poderán seguir asistindo a biblioteca para retirar libros e participar nas actividades que organizan.

Para rematar, queremos dar grazas á equipa da Biblioteca e a concelleira por tratar tan ben ao noso alumnado!

Ningún comentario:

Publicar un comentario