Para conmemorar as Letras Galegas, ademais de coñecer ao autor homenaxeado e estar preparando un montón de actividades nos distintos niveis, esta semana as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria quixeron agasallar aos máis cativos cunhas sesións de contacontos moi especiais.
O
xoves, 18 e o venres, 19, estes magníficos animadores fixeron as delicias do
alumnado de Infantil e 1º de Primaria narrando uns fermosos contos nos que
amosaron as súas magníficas dotes expresivas.
Moitas grazas a Yasmín, Anxo, Valentina V., Lucía A. (de 4º B), Luna, Juanma, Yago, Nadine (de 4º A) e a Ía e Enzo (de 3º A)!
Seguiremos contando con vós en vindeiras ocasións!
Ningún comentario:
Publicar un comentario