Hoxe
tivemos o pracer de recibir a visita de Miguel Anxo Alonso Diz na nosa
biblioteca.
Nesta
ocasión foi o alumnado de 6º o que gozou cun dos seus libros de título ben
curioso: Instrucións para ler este
libro. Trátase dunha homenaxe aos personaxes da mitoloxía fantástica
galega que lle gustou moito á rapazada.
UMAutor
comprometido coa nosa lingua e a nosa cultura, destaca como orador e contador
de historias, polo que o encontro co alumnado foi moi rico e interesante.
Ao remate
da charla prestouse a quedar fóra do horario escolar para asinar os exemplares
do alumnado.
Quedamos
moi agradecidos pola súa boa disposición, amabilidade e conversa sumamente
agradable.
Seguiremos pendentes das súas publicacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario