Este xoves, 25 de maio, continuaremos co ciclo de conferencias para as
familias sobre desenvolvemento infantil.
De 17:00 a 18:10 dona Sandra Beatriz Pérez Lorenzo, mestra de Audición
e Linguaxe no noso cole, falaranos de “Desenvolvemento da linguaxe e
estimulación”.
Posteriormente, de 18:15 a 19:15, será a quenda de dona Laura
Escudero, psicopedagoga do Centro Alea, que nos impartirá unha charla sobre o
“Uso responsable en familia das pantallas e das tecnoloxías”.
Esperámosvos no salón de actos do colexio e novamente desexamos que resulten do voso interese.
Ningún comentario:
Publicar un comentario