Esta
mañá as nenas e nenos de 3º e 4º tiveron un encontro co autor de Dona Problemas, Miguel López,
máis coñecido polo pseudónimo de El
Hematocrítico.
O
alumnado tivo oportunidade de escoitalo e facerlle preguntas, aínda que nesta
ocasión a charla tivo que ter lugar no salón de actos por cuestións de espazo e
aforo.
Mestre de
Educación Infantil e Primaria, amosou unha vez máis unha gran facilidade para conectar
co público infantil tanto a través dos seus libros como no contacto directo
coas lectoras e lectores.
Foi un encontro cheo de humor e moi agradable.
Ningún comentario:
Publicar un comentario