mércores, 9 de febreiro de 2022
luns, 7 de febreiro de 2022
martes, 18 de xaneiro de 2022
sábado, 15 de xaneiro de 2022
UNHA HISTORIA DE NADAL (EN BANDA DESEÑADA)
Xa podedes ver as respostas ao noso reto de Unha historia de Nadal.
Son uns traballos verdadeiramente fantásticos!
Botádelles un ollo.
A mag created with Madmagz.
luns, 20 de decembro de 2021
CONCURSO: UNHA HISTORIA DE NADAL (EN BANDA DESEÑADA)
Ademais de ofrecervos lecturas e material informativo, dende a Biblioteca tamén pretendemos animarvos a expresar artisticamente as vosas ideas. Nesta ocasión queremos propoñervos un novo reto: a creación dun cómic ou banda deseñada no que poder deixar voar a imaxinación cunha historia fantástica, tenra, divertida, terrorífica... ou o que vós queirades, que aconteza neste tempo de Nadal.
Podedes consultar aquí as bases e toda a información.
Haberá premio para os mellores traballos de cada ciclo.
Animádevos a concursar!
domingo, 19 de decembro de 2021
LECTURAS PARA O NADAL
O Nadal é unha época
perfecta para gozar dunha boa lectura. Durante as Festas, grandes e cativos
poden dispoñer dun tempo de calma para exercitar un hábito que nos enriquece e
nos fai medrar como persoas.
Por iso, dende a
Biblioteca queremos animarvos a incluír na carta para o Apalpador, Papá Noel ou
os Reis Magos a petición dun libro como agasallo.
Deixámosvos aquí algunhas
suxestións a ter en conta para que as incorporedes entre os vosos desexos.
Bo Nadal e Felices Festas!
venres, 3 de decembro de 2021
RECOMENDACIÓNS DE NADAL
Se vos apetece escoller algunha lectura relacionada con esta época, no panel de suxestións xa tendes unha selección de libros coa temática do Nadal.
Feliz Nadal e felices lecturas!
martes, 30 de novembro de 2021
PAPIROFLEXIA NA BIBLIOTECA
luns, 15 de novembro de 2021
NOVEMBRO, MES DE CONMEMORACIÓNS
Estes días temos no panel de suxestións da Biblioteca unha selección de libros para traballar as conmemoracións destas próximas semanas: O Día Internacional dos Dereitos da Infancia (20 de Novembro) e o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de Novembro).
Os materiais están a disposición de todo o profesorado co fin de que poidan utilizalos para o traballo co seu alumnado, sexa na aula ou no espazo bibliotecario.
luns, 8 de novembro de 2021
COMEZAMOS LECTURA
Hoxe comezamos as sesións literarias do noso Club de Lectura.
Iniciamos a nosa aventura arredor do libro Avións de Papel, de Xavier Estévez Ferreiro.
A medida que avancemos iremos contándovos que tal resulta a experiencia.
xoves, 4 de novembro de 2021
LIGAZÓNS
Na lapela ligazóns contades con acceso aos dicionarios da REAL ACADEMIA GALEGA e da LINGUA ESPAÑOLA.
Tamén tedes acceso a un tradutor.
Agardamos que vos sexan de utilidade!
mércores, 3 de novembro de 2021
COMPARTINDO AVENTURA
Un día á semana, na hora de recreo, parte das alumnas e alumnos de 6º, repartidos en dous grupos, van cambiar os xogos no patio por un encontro na biblioteca no que compartirán lectura, sentimentos, emocións e actividades con outras compañeiras e compañeiros.
martes, 2 de novembro de 2021
ADQUISICIÓN DE NOVIDADES
Como cada ano, a Biblioteca intenta actualizar os seus fondos tendo en conta as necesidades do centro e os intereses do alumnado,
Este ano contamos coa colaboración dos axudantes de biblioteca para realizar a selección dalgunhas novas adquisicións.