No Club de Lectura
“Compartindo Aventura” de 6º B quixemos celebrar o mes da poesía coa lectura de
O meu gato é un poeta de Fran Alonso, un poemario divertido e
doado de ler.
Agora
estamos a realizar un taller de escritura creativa convertíndonos en “Ladróns
de versos”. A actividade consiste en escoller algúns versos do libro que rimen entre
si e crear novas estrofas. Finalmente, hai que pórlle título aos novos poemas,
ilustralos e lelos en voz alta.
Está a
resultar unha actividade moi divertida e aínda botamos unhas risas!
Ningún comentario:
Publicar un comentario