Hoxe estivo de novo con nós Ramón Veiga, autor dunha serie de banda deseñada que gusta moito ao noso alumnado: as historias de Miñoca.
As nenas e nenos de 1º leron Miñoca e coello, unha historia sobre a amizade entre dous seres en aparencia moi distintos, pero que logran facerse amigos a pesar das súas diferenzas.
Esta mañá
coñeceron o autor do libro e crearon, coa súa axuda, as súas propias
ilustracións de Miñoca.
Ao final
marcharon cos seus libros asinados e con ganas de seguir lendo máis historias.
Moitas grazas a Ramón Veiga pola súa visita!
Ningún comentario:
Publicar un comentario