Esta mañá o alumnado de 3º
recibiu a Paula Rivas, autora de A incrible viaxe de Antía ao cerebro
humano, un libro de contidos científicos co que poder aprender gozando
da lectura.
A autora redondelana, doutora en neurociencia
e cun amplo curriculum profesional en diversas cidades europeas, creou unha
obra a medio camiño entre a ficción e a divulgación co fin de achegar á
rapazada diversos coñecementos sobre o funcionamento do corpo humano.
A escritora captou a atención
das nenas e nenos cunha amena exposición acompañada por algúns “personaxes” da
súa historia.
Despois
de responder a múltiples preguntas, a autora despediuse do alumnado asinando os
seus exemplares do relato.
Foi un
privilexio contar coa presenza dunha científica e escritora desta categoría no
noso cole!
Ningún comentario:
Publicar un comentario