Para conmemorar o Día do Libro e os Dereitos de Autor, dende a biblioteca lanzamos algunhas propostas de actividades ás que o alumnado respondeu moi positivamente.
Coma sempre, Cora expuxo as súas recomendacións lectoras e, ao igual que en anos anteriores, hoxe sacamos ao patio os libros expurgados ao longo deste curso para darlles unha segunda vida a través da nosa coñecida campaña “Adopta un Libro”.
Ademais, todo o alumnado do centro participou na elaboración do mural colectivo “O meu libro favorito”.
Deixamos aquí algunhas imaxes deste día.
Ningún comentario:
Publicar un comentario