Onte
e hoxe o alumnado de 6º estivo participando nunha actividade ofertada polo
Concello de Soutomaior para aprender a xestionar emocións e sentimentos.
O
obradoiro Traballando as emocións foi
impartido na biblioteca e, a través da utilización de diversas técnicas de
cohesión, a monitora logrou que as rapazas e rapaces aprenderan nestes días a
coñecerse un pouco mellor, a controlar as súas emocións e a xestionar éxitos e
frustracións.
Foron dúas sesións cheas
de xogos e risas, mais tamén cunha boa dose de reflexión, nas que o alumnado descubriu
moitas cousas sobre autocontrol, empatía e saíu emocionalmente reforzado.
Este tipo de actividades sempre serán benvidas na nosa escola e na nosa biblioteca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario