Coincidindo co Día do
Libro, ao longo desta mañá, ademais de participar nas actividades organizadas
no propio cole, os tres grupos de 3º de Primaria realizaron unha visita á
Biblioteca Pública Luís Seoane de Arcade.
Alí recibíronos con moito
agarimo, ensináronlles as instalacións e animaron, a todos os que aínda non o
eran, a facerse socias e socios a través dunha folla de inscrición.
Mar García e Uxía Couto
foron as encargadas de animar o día coa lectura e interpretación de diversos
contos.
A rapazada rematou a
visita cun ratiño de relax para a lectura.
As nenas e nenos pasárono
moi ben e regresaron moi contentos.
De novo o noso agradecemento á bibliotecaria municipal, Patricia Rodríguez, que sempre está disposta a organizar actividades para nós e a recibirnos da mellor maneira posible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario