martes, 14 de abril de 2026

DÍA MUNDIAL DA ARTE

O pasado 1 de abril foi o Día das Artes Galegas e mañá, día 15, conmemórase o Día Mundial da Arte. Para celebrar estas datas, esta mañá recibimos no cole a artista galega Loli Beloso

Ademais de ser coñecida como escritora, hai uns anos Loli decidiu embarcarse nun proxecto moi especial: crear unha colección de xoias solidarias. Con elas pretendía, por un lado, render homenaxe a un notable intelectual como foi Isaac Diaz Pardo, e por outro, aportar un granciño de area na recadación de fondos para a investigación do cancro a través da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida por Ángel Carracedo, a quen coñeceu grazas a Díaz Pardo.

Hoxe en día, todo canto Loli recada a través da venda dos seus libros, das xoias e agora incluso dos seus bolsos, vai parar, de xeito totalmente altruista, a esta fundación.

Esta mañá estivo no noso cole para falar co alumnado de 6º de primaria sobre a figura humana e creativa de Díaz Pardo e a importancia do seu legado artístico, principalmente a través da famosa cerámica de Sargadelos.

Tamén aproveitamos a súa visita para facerlle entrega da recadación da carreira solidaria, que celebramos o pasado venres, día 10, para conmemorar o Día Mundial da Saúde, e que foi todo un éxito.

Ningún comentario:

Publicar un comentario