luns, 27 de abril de 2026

COIDAMOS A NOSA VISTA

Hoxe as nenas e nenos de 1º de primaria aprenderon a ser heroes e heroínas cunha supervista.

Laura, a mamá de Enzo, de 1º A, traballadora nunha óptica en Arcade e especialista no tema, veunos dar unha lección de como coidar os nosos ollos para preservar unha boa vista ao longo da nosa vida.

Foi moi divertido adestrar a visión dun xeito tan ameno e fixérono tan ben todas e todos que ata recibiron un diploma.

Moitas grazas, Laura! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario