xoves, 23 de abril de 2026

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL

Esta mañá, e coincidindo coa celebración do Día do Libro, o alumnado de 6º de primaria baixou á Biblioteca Luís Seoane para divertirse e ampliar coñecementos.

Foron acollidos por Patri, a nosa bibliotecaria municipal, e Sara, colaboradora habitual nas actividades arredor do libro e da lectura.

Entre outras cousas, aprenderon o nome das partes que compoñen un libro e xogaron ao LiteraTour, poñendo en práctica os seus coñecementos sobre cultura, libros, autores,..., un xogo de cartas cheo de retos e desafíos literarios de todo tipo.

Alumnado e profesorado pasouno xenial e foi unha moi boa maneira de celebrar o Día do Libro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario