martes, 14 de abril de 2026

7 DE ABRIL, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Para conmemorar o Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril, desde a biblioteca propuxemos a celebración na escola dunha carreira solidaria coa finalidade de recadar fondos para a investigación.

O pasado venres, día 10,  celebramos a carreira baixo o lema “ Xuntos pola saúde. Apoiemos a Ciencia”.

Decidimos que a recadación sería enviada á Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, dirixida polo doutor Ángel Carracedo, unha entidade sen ánimo de lucro que se dedica á investigación para a prevención,  diagnóstico e tratamento de enfermidades hereditarias e oncolóxicas.

A iniciativa resultou todo un éxito e lográronse recadar 927,21 €, que lle foron entregados pola directora do cole, Olalla Obelleiro,  a Loli Beloso, colaboradora da Fundación.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario