Esta mañá o alumnado de 1º
recibiu na biblioteca a Ramón Veiga, co que conversaron e aprenderon a ilustrar
e facer banda deseñada.
As nenas e nenos leran Chove!, unha das novas historias de Miñoca, o personaxe creado por este autor e que tanto éxito ten entre a cativada, e ao final o escritor asinou os seus exemplares para que lles quede como viva lembranza deste día.

Ningún comentario:
Publicar un comentario