xoves, 23 de abril de 2026

CITA A CEGAS CUN LIBRO

Para conmemorar o Día do Libro, este ano a biblioteca propuxo unha actividade tamén para as persoas adultas: “Cita a cegas cun libro”.

A proposta consistía en que os membros da comunidade que quixeran participar trouxeran da súa casa un libro, empaquetado e cunha pequena pista sobre a temática do mesmo, pero sen desvelar nin o título nin a autoría da obra.

Os libros estiveron expostos durante toda a mañá para que as participantes puideran ir lendo as notas, e na última hora do día cadaquén fixo a súa escolla.

A actividade resultou moi apreciada e dela saíron xa varias recomendacións lectoras.

Ningún comentario:

Publicar un comentario