mércores, 22 de abril de 2026

QUE CONTO CONTAMOS?

Esta tarde tivemos a sorte de recibir no noso cole a escritora e actriz Paula Carballeira.

Paula é moi coñecida como actriz de teatro e por participar en series da Televisión de Galicia, pero sobre todo é unha grandísima narradora de contos procedentes da tradición oral aos que ela lles engade a súa particular visión e as súas propias experiencias.

Escribe relatos infantís e xuvenís, poesía, ensaio e teatro e moitos dos seus libros están traducidos a varias linguas. Recentemente acaba de recibir o Premio Nacional de Literatura Dramática pola obra As alumnas.

Enmarcado no programa de Lectura e Familias, a xenial contadora de historias ofreceu para familias e alumnado o obradoiro de narración oral Que conto contamos?

Durante unha hora, que pareceron minutos, maiores e cativos pasárono xenial, colaborando no curso da narración e participando activamente dos contos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario